DUVI | Apenas un mes despois da visita ao campus do ministro de Universidades Joan Subirats, o reitor, Manuel Reigosa, e o seu equipo de goberno tiveron este mércores a oportunidade de manter unha nova xuntanza, neste caso co máximo responsable da Axencia Estatal de Investigación, Domènech Espriu, quen aproveitou esta visita á Universidade de Vigo para manter tamén un encontro, acompañado da vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio, con representantes dos diferentes centros de investigación (CIM, CINBIO, atlanTTic…), directores de área (Transferencia, Vigo Tecnolóxico, Internacionalización…), e a Escola Aberta de Formación Permanente, entre outros.
