O CIM lidera un proxecto internacional de innovación e transferencia da biotecnoloxía azul financiado con 2,3 millóns de euros

DUVI | A biotecnoloxía azul é aquela que promove a utilización sostible dos recursos mariños e costeiros para desenvolver solucións innovadoras en eidos como a acuicultura sostible, a conservación e restauración de ecosistemas mariños, a produción de alimentos mariños e a procura de compostos bioactivos con aplicacións na industria farmacéutica, cosmética e alimentaria. Son actividades cun rol relevante no crecemento económico local que precisan dunha contorna de cooperación en I+D+I internacional que mellores a súa competitividade e a sustentabilidade do sector no espazo atlántico. E este é, precisamente, o obxectivo do proxecto Marinnonet, unha iniciativa liderada polo Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM) que acaba de ser seleccionada no marco do programa Interreg Atlantic Area cunha dotación de 2,3 millóns de euros.