Investigadoras do campus realizan unha guía coeducativa sobre a menstruación

DUVI | A miña menstruación. Rompendo tabús. Este é o título dunha nova publicación realizada polas investigadoras e profesoras da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense Yolanda Rodríguez, Rosana Martínez e María Lameiras. Trátase, sinalan, dunha guía que “ten como finalidade recoñecer e visibilizar a menstruación e con iso o dereito á saúde menstrual das nenas e mulleres”.