Investigadoras do CIM empregarán as Rías Baixas como laboratorio natural para estudar a acidificación costeira

DUVI | As Rías Baixas son sistemas socioecolóxicos sensibles que se enfrontan aos efectos provocados polo cambio climático ao mesmo tempo que á presión antropoxénica xerada pola industria, a acuicultura ou as actividades portuarias e pesqueiras. Neste escenario nace ACID, un proxecto multidisciplinar liderado por investigadoras do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM) que se mergullará nunha análise sen precedentes sobre o papel do CO2 nos ecosistemas costeiros dende un enfoque integral e innovador.