DUVI | A aplicación de novos modelos de ventilación permitiría a día de hoxe unha redución importante da demanda enerxética dos quirófanos sen comprometer a súa seguridade ambiental. Esta é a principal conclusión da investigación levada a cabo polo enxeñeiro José Luis López González na súa tese de doutoramento, unha análise en profundidade sobre a eficiencia enerxética e a seguridade ambiental en bloques cirúrxicos mediante técnicas de simulación.