A Área de Tecnoloxía dos Alimentos colabora na busca dunha galleta doce e saudable de proteína mariña

DUVI | A Área de Tecnoloxía dos Alimentos da Facultade de Ciencias do campus de Ourense colabora na busca dunha galleta doce e saudable de proteína mariña. Concretamente vén de desenvolver un proxecto de investigación de mellora do proceso de elaboración dunha galleta doce de peixe e a súa caracterización e adaptación da mellor palatabilidade ao valor nutricional. O seu obxectivo é optimizar a patente alimentaria deste produto creada polo gastrónomo Alfonso Díaz.