A campaña arqueolóxica anual do GEAAT en Armea desenvolverase no mes de xullo

Campaña arqueolóxica anual do GEAAT

DUVI | Un ano máis o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo volverá a escavar na cibdá romana de Armea, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas. Froito dun convenio de colaboración existente entre a institución académica e o Concello de Allariz e co apoio da Xunta de Galicia, a campaña arqueolóxica de 2022 desenvolverase durante todo o mes de xullo e nesta ocasión o obxectivo será ampliar a zona musealizable cara o leste. O alumnado universitario interesado en participar na intervención xa pode inscribirse nela.