A Cátedra Feminismos 4.0 financia cinco proxectos de investigación no eido da cultura e da sociedade dixital en estudos de xénero

DUVI | A Cátedra Feminismos 4.0 Depo-UVigo destina 24.772 euros a financiar cinco proxectos de investigación que promoven o I+D no ámbito da cultura e da sociedade dixital en estudos feministas e de xénero. A convocatoria, que se abriu o pasado mes, está destinada a grupos e a persoal investigador doutor dos campus de Vigo e Pontevedra e, finalmente a comisión avaliadora seleccionou estas cinco iniciativas que se centran principalmente nas redes sociais, aínda que tamén abordan outras temáticas como a ciencia climática ou o industria do videoxogo.