DUVI | Máis de 6000 persoas participaron o pasado ano en Galicia nas actividades da primeira edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras (G-Night), organizadas e desenvolvidas por preto de medio millar de investigadoras e investigadores, así como por persoal técnico. Coordinada pola UVigo, que lidera un consorcio formado por unha decena de socios, entre os que se atopan as universidades de Santiago de Compostela e A Coruña e organismos de investigación galegos, a G-Night 2022 despregará na segunda segunda edición, o vindeiro venres, 30 de setembro, máis de 70 actividades de divulgación, lecer e entretemento científico, nunha trintena de localizacións, espalladas polas sete principais cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo.