DUVI | A profesora da Universidade de Vigo e directora do Centro de Tecnoloxía, Enerxía e Procesos Industriais, Cintecx, Concepción Paz Penín, converteuse este martes na décimo sétima investigadora que recibe o Premio María Josefa Wonenburger para mulleres científicas.
Catedrática do Departamento de Enxeñaría mecánica, máquinas e motores térmicos e fluídos, Paz recibiu o galardón de mans da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, e do conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, nun acto celebrado no edificio Redeiras na tarde deste martes. O evento contou tamén coa presenza do reitor, Manuel Reigosa, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e a secretaria xeral de Igualdade, Sandra Vázquez.