A diversidade xenómica do SARS-CoV-2 permite delimitar diferentes gromos dentro dunha cidade como Vigo

Parte do equipo de investigadores da UVigo que forman parte de Epicovigal

DUVI | A secuenciación xenómica do SARS-CoV-2 permite identificar as variantes do virus e trazar a súa diseminación a unha escala xeográfica grande, comprendendo así como este se move polo planeta. Pero a abordaxe estándar de secuenciación non permite explicar como o virus se transmite a unha escala máis pequena, por exemplo, dentro dun domicilio ou nunha residencia da terceira idade. É por isto que un equipo de investigadores do proxecto Epicovigal, iniciativa que engloba 11 equipos de investigación dos sete centros hospitalarios de referencia de Galicia, dos tres institutos de investigación sanitaria, as tres universidades galegas e o Cesga, quixo comprobar se empregando unhas técnicas máis precisas, que permiten detectar mutacións raras do virus, eran quen de determinar a ruta de contaxios a pequena escala.