DUVI | Adolescencias invisibles. A educación social nos camiños do empoderamento é título dunha nova publicación asinada polos profesores da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense Deibe Fernández-Simo e Xosé Manuel Cid. O seu obxectivo é visibilizar a importancia da educación social para que rapazas e rapaces en dificultade social “acaden uns dereitos, unha certa igualdade de oportunidades co resto da mocidade”.