A EE Forestal analiza se a madeira serrada de árbores resinadas pode ter usos comerciais

Estudo resina

DUVI | Desbotar a idea de que coa madeira dunha árbore empregada previamente para a extracción de resina “o único que podes facer é leña” constitúe, como sinala o profesor da EE Forestal Óscar González Prieto, o obxectivo do estudo que desenvolven nesta escola en colaboración co Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán. No marco das investigacións do CIF sobre métodos de resinado que compatibilicen a produción de resina coa de madeira, no centro do campus pontevedrés encárganse de analizar as propiedades mecánicas e físicas de madeiras procedentes dunha serie de exemplares de piñeiro país (Pinus pinaster), dos que previamente se extraeu resina a través diferentes métodos.