A exposición Exxperimenta en Feminino remata en O Carballiño o seu percorrido por institutos de Ourense e A Coruña

A mostra no seu paso polo IES Nº 1 de O Carballiño

DUVI | Entre as accións postas en marcha este curso académico polo colectivo Exxperimenta en Feminino, composto por profesoras e investigadoras da Escola Superior de Enxeñaría Informática, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Facultade de Ciencias do campus de Ourense, está unha exposición itinerante destinada a visibilizar mulleres destacadas na historia da ciencia, a tecnoloxía e a enxeñaría. O pasado mes de decembro, a mostra, que tamén leva o nome de Exxperimenta en Feminino, arrancou un percorrido por nove centros educativos das provincias de Ourense e A Coruña, un percorrido que remata agora no IES Nº 1 de O Carballiño facendo un balance moi positivo da iniciativa por parte das súas organizadoras.