A G-Night ofrece un serán de lecer científico para toda a cidadanía

DUVI | Obradoiros manipulativos, exposicións, visitas guiadas, charlas, proxeccións, danza, maxia, espectáculos en vivo….e, sobre todo ciencia, moita ciencia, para celebrar a terceira edición da G-Night, a Noite Galega das Persoas Investigadoras que este venres encheu de lecer e coñecemento as rúas das principais cidades galegas. Ao longo da tarde centos de persoas as que participaron nas máis de 50 actividades programadas polo consorcio de entidades que están detrás desta proposta, entre elas as universidades e organismos de investigación galegos, liderados pola UVigo.