A mediación xoga un papel fundamental no proceso de modernización da xustiza ao permitir acadar unha mellor xestión do conflito

DUVI Recoñecer, consolidar e reforzar as vantaxes da mediación como sistema de xestión do conflito, reforzando a súa autonomía e contribuíndo á paz social, co conseguinte beneficio para a administración de xustiza, son os obxectivos da tese La mediación como método de resolución de controversias da avogada e ex alumna do Grao en Dereito e do Mestrado de Avogacía, Ana Isabel González Fernández (Ourense, 1994).