A miniserie do proxecto Desafíos do Océano estréase na V Mostra Internacional de Cine Documental Mares do fin do mundo

DUVI | Tras varios meses de traballo, esta fin de semana proxectouse por primeira vez en público a miniserie documental Desafíos do Océano, un proxecto audiovisual de seis  capítulos protagonizados por outras tantas investigadoras do Campus de Excelencia Internacional Campus do Mar. Tras a súa presentación en sociedade o mes pasado nun acto para medios de comunicación, a serie comezou a súa andaina por festivais este sábado na V Mostra Internacional de Cine Documental Mares do fin do mundo celebrada no Concello de Outes.