A mitoloxía galega relacionada coa auga, unha fonte de recursos educativos

DUVI | Indagar sobre a riqueza da cultura oral galega que fai alusión á auga e no tratamento que se fai en educación deste patrimonio simbólico co obxectivo último de contribuír á súa supervivencia. Este foi o obxectivo que se propuxo o egresado de Educación Primaria Rafael Adalid na súa tese de doutoramento, dirixida polo profesor Xosé Manuel Cid e presentada este ano na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense baixo o título A mitoloxía galega relacionada coa auga. Análise de contido e aproveitamento como recurso en educación.