DUVI | O 21 de xullo de 1969 o primeiro ser humano puxo un pé na lúa, un fito que marcou un antes e un despois na historia da navegación espacial. Co obxectivo de visibilizar ás mulleres que participaron neste éxito da misión do Apolo XI, o colectivo Exxperimenta en Feminino da UVigo, composto por profesoras e investigadoras da Escola Superior de Enxeñaría Informática, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Facultade de Ciencias do campus de Ourense, ten en marcha a exposición As mulleres que nos levaron á lúa.