A nova campaña de comunicación é 100% UVigo

DUVI | 100% UVigo. Así é a campaña de comunicación da Universidade de Vigo para o 2023, toda unha serie de mensaxes e imaxes “moi positivos e vitalistas” cos que a institución académica viguesa busca destacar todos aqueles elementos que lle dan identidade como universidade: creatividade, internacionalización, deporte, cultura, diversidade, investigación, transparencia, sostibilidade, innovación, transferencia, docencia, galego, dixitalización e excelencia.