A profesora Rosa Alonso afonda nun libro na influencia do idioma materno na aprendizaxe de segundas linguas

Rosa Alonso

DUVI | A influencia da lingua que coñecemos desde nenos maniféstase de xeito claro na aprendizaxe e no xeito de comunicarnos nunha segunda lingua en calquera momento e situación.  A profesora da Facultade de Filoloxía e Tradución Rosa Alonso acaba de publicar un novo libro no que afonda en como inflúe a lingua materna na aprendizaxe dunha segunda lingua, a primeira monografía escrita en español que trata o percorrido histórico da transferencia lingüística e desenvolve as perspectivas actuais sobre o tema para a comunidade investigadora, alumnado e docentes que usan o español como lingua vehicular. O libro titúlase La transferencia lingüística: perspectivas actuales e está editado por Comares, dentro da colección Interlingua.

“Levo anos traballando sobre este tema e a bibliografía está maioritariamente en inglés. Xa hai tempo que tiña a idea de escribir un libro en español para que …