A profesora Soledad Torres desenvolve a primeira asistencia dixital galega con perspectiva de xénero

Soledad Torres

DUVI | Nun mundo cada vez máis dixitalizado, xa hai tempo que naceron os sistemas de asistencia, deseñados para facilitar a experiencia virtual das usuarias e usuarios. Empregando intelixencia artificial, este tipo de software combina referencias históricas, datos de navegación, preferencias e informacións variadas para simular conversas coas persoas que o empregan, solucionar as súas dúbidas e realizar tarefas diversas. Decatándose de que a maioría das voces dos asistentes son femininas, Soledad Torres, docente do Departamento do Sinal e Comunicacións da UVigo, analizou estes programas informáticos utilizando a perspectiva de xénero e desenvolveu unha asistencia dixital feminista.