A Rede Localis urxe unha reforma catastral dos inmobles para mellorar os ingresos municipais

DUVI | A Rede Localis, rede xestionada polo grupo de investigación GEN da Universidade de Vigo, fixo público este venres un novo documento de análise da situación económica-financeira dos concellos galegos titulado O imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana (IIVTNU): o problema inacabable do financiamento municipal. Nel urxen unha reforma catastral dos inmobles para mellorar os ingresos municipais.