DUVI | Nacida coa finalidade de conectar diversas disciplinas e contribuír á divulgación científica desde unha perspectiva interdisciplinar, a revista científica do Campus Crea busca tamén pór en valor os traballos de investigación que o alumnado leva a cabo para os seus traballos de fin de grao (TFG) e fin de máster (TFM). De acceso aberto e inserida no portal do Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, o segundo número do International Multidisciplinary Journal Crea recolle con ese propósito unha serie de artigos realizados por novos titulados e tituladas a partir dos traballos finais polos que foran recoñecidos nos primeiros Premios TFG e TFM do Campus Crea.