A revista Minius lanza un novo número apostando polo seu carácter interdisciplinar e internacional

DUVI | O número 26 da revista Minius. Historia, Arte e Xeografía, xa está dispoñible na rede. Nas súas 440 páxinas recóllese un total de 15 artigos e dúas recensións que abranguen temáticas pertencentes á historia, á historia da arte e á xeografía e que confiren á publicación un carácter interdisciplinar. Nesta ocasión, a revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo aposta ademais por avanzar no seu carácter internacional.