A selección xenómica desvélase como o mellor método para obter un millo de mellor calidade e máis resistente

Ana López Malvar

DUVI | “A mellor estratexia para obter un millo máis resistente, que produza máis etanol e sexa máis dixerible para o gando é empregar a selección xenómica”, explica a bióloga Ana López Malvar, autora da tese de investigación Estrutura dos compoñentes da parede celular do millo. Estudo do seu rol en protección de cultivos, dixestibilidade animal e produción bioenerxética, unha investigación realizada ao abeiro da unidade asociada entre o grupo Xenética e Mellora do Millo da Misión Biolóxica de Galicia, instituto do Consello Superior de Investigacións Científicas, e o grupo de Agrobioloxía Ambiental: calidade, solos e plantas da Universidade de Vigo.