A Semana de Cine Submarino emerxe con nova dirección e localización e unha homenaxe a José Luis González

Etiquetas

DUVI | Logo dun ano de parón, ocasionado polo repentino falecemento de quen foi o seu director durante 30 anos, José Luis González, a Semana de Cine Submarino volverá somerxese nas profundidades de mares e océanos na súa trixésimo segunda edición, que se celebrará entre os días 19 ao 21 de novembro. O cambio de dirección do ciclo, que a partir de agora recae nos catedráticos da UVigo, Jesús Souza Troncoso e Elsa Vázquez Otero, e unha nova localización: o auditorio da sede Afundación en Vigo, son as grandes novidades do certame, que na súa primeira xornada homenaxeará ao seu director José Luis González cunha proxección sobre a súa vida e obra. Así mesmo, o certame incluirá por vez primeira unha actividade na Facultade de Ciencias do Mar, que albergará unha exposición de fotografía de Xaime Beiro e un coloquio co realizador José Irisarri.