DUVI | Hai cousas que nin unha pandemia pode evitar, como a chegada do outono e, con el, os cogomelos aos montes. Tampouco a Semana Micolóxica Galega faltará á súa cita o vindeiro mes de novembro co obxectivo de dar a coñecer esta riqueza natural, cultural e gastronómica, que na súa trixésimo oitava edición se centrará na orixe da divulgación micolóxica en Vigo e a súa contorna, na micobiota nas illas Cíes e do cambio climático. Este encontro innova o seu formato e desenvolverá boa parte das actividades en modalidade dixital e abríndoas ao público xeral, previa inscrición.