DUVI | Tecnologías cartográficas para la detección y monitorización de la especie Acacia dealbata en el municipio de Ribadavia (Ourense) é o título do traballo polo que a egresada da Escola de Enxeñaría Forestal Elena Álvarez foi recoñecida co galardón ao mellor traballo fin de grao (TFG) nos premios universitarios da Sociedad Española de Ciencias Forestales (SECF). Titorizado pola profesora Julia Armesto, este traballo tivo como resultado a xeración dunha “metodoloxía replicable” que permita detectar e coñecer o grao de expansión dunha especie exótica invasora como a mimosa a partir dos datos existentes en fontes cartográficas oficiais.