A UCC+i organiza actividades para abordar os retos da desinformación e o uso responsable da tecnoloxía

DUVI | Ademais da celebración do Día da Letras Galegas, este sábado 17 de maio tamén se conmemora o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, unha efeméride á que se suma a Universidade de Vigo a través dunha serie de actividades organizadas pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i). A idea é dotar o estudantado, as familias e o público xeral de ferramentas para detectar e combater a desinformación e, para iso, deseñouse un programa de actividades que forman parte do Plan de Ciencia de Ida e Volta da UCC+i e contan co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. Entre as propostas destaca un obradoiro multidisciplinar sobre desinformación e novas tecnoloxías para alumnado de Secundaria, un taller en liña para familias coa experta Roxana Morduchovicz no que se abordará o uso seguro e consciente das redes sociais na adolescencia e un debate público en Pontevedra, que reunirá expertos en comunicación, intelixencia artificial e saúde mental.

  • Seguir lendo no DUVI