DUVI | Obradoiros de robótica, de programación, de videoxogos, experimentos de todo tipo no Centro de Investigación Biomédica e na Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, e mesmo unha pequena presentación do UM19, o monopraza deseñado pola escudaría UVigo Motorsport co que compiten en circuítos reais de Fórmula 1… A Universidade abriu este martes 11 de febreiro as portas dos seus laboratorios a máis de 250 alumnas de ensino secundario e bacharelato e celebrou con elas o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Baixo o título xenérico Elas fan CienTec 2020, as científicas e enxeñeiras da UVigo puxéronse mans á obra para transmitirlle a estas mozas a súa paixón pola ciencia e a tecnoloxía, coa ilusión de ir espertando nelas o desexo de dedicarse a algunha destas tarefas no futuro.
Houbo actividades nas tres escolas de enxeñaría do campus, no Cinbio e tamén na Ecimat e, en cada un destes lugares, organizáronse para elas diferentes actos de benvida, nos que participaron as coordinadoras dos obradoiros e diferentes responsables universitarias como a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama; a directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez; a directora da Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía, Elena Alonso, ou a responsable da Área de Investigación, Ana Bernabeu. Todas tentaron transmitirlle unha mesma idea: a ciencia e tecnoloxía son…