DUVI | A Universidade de Vigo acaba de asinar un acordo de colaboración coa plataforma de divulgación científica The Conversation España (TCES), o que lle permitirá ao persoal docente e investigador da institución académica viguesa escribir sobre asuntos relativos ao seu campo de especialización a través dunha das principais plataformas mundiais de divulgación. O obxectivo deste convenio é fomentar a transferencia dos resultados de investigación que se realizan na Universidade e, ao mesmo tempo, permite tamén que comunidade investigadora reciba relevancia mediática e intrainstitucional, ademais de recoñecemento social e profesional.