A Universidade de Vigo converte a comarca do Val Miñor no epicentro da divulgación científica

DUVI |  O mercado de Sabarís convértese este venres nun gran laboratorio científico coa celebración da quinta edición da expo-feira da Universidade de Vigo A ciencia que vén ten nome de muller, unha iniciativa que reuniu durante a mañá máis de 300 escolares de educación infantil e primaria de centros de Baiona, Gondomar e Nigrán arredor de experimentos, xogos e obradoiros pensados para achegar a ciencia á sociedade desde unha perspectiva participativa e inclusiva.