A Universidade e o Concello de Baños de Molgas colaborarán no eido arqueolóxico

Visita ao enclave arqueolóxico realizada por representantes da UVigo e do Concello de Baños de Molgas tras a sinatura dos convenios de colaboración

DUVI | A Universidade de Vigo e o concello ourensán de Baños de Molgas colaborarán no eido arqueolóxico. Concretamente, o Grupo de Investigación en Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) participará no desenvolvemento de proxectos de investigación arqueolóxica (prospección, escavación, analítica e estudo de materiais, conservación-restauración, musealización, difusión e divulgación) no castro do Alto de Acea, tamén coñecido como Outeiro do Castro.