A Universidade organiza múltiples actividades para promover o acceso aberto ao coñecemento científico

Semana do Acceso Aberto

DUVI | Do 19 ao 25 de outubro celébrase mundialmente a Semana Internacional do Acceso Aberto, unha iniciativa anual para promover o acceso libre e igualitario ao coñecemento científico e, por primeira vez na historia da institución, a Universidade de Vigo vaise sumar este ano a esta iniciativa coa organización de diferentes actividades programadas pola Biblioteca Universitaria en colaboración coa Vicerreitoría de Investigación e dirixidas a toda a comunidade universitaria.