DUVI | A University of Life Sciences de Varsovia é unha das entidades académicas participantes no proxecto europeo Care4C, que pon o foco no papel que poden xogar os bosques na redución de emisións de dióxido de carbono á atmosfera. No marco dunha iniciativa que busca promover o intercambio de coñecemento en torno a esta temática, os investigadores do seu Instituto de Ciencias Forestais Bogdan Brzeziecki e Kamil Bielak levan a cabo nestes días unha estadía en Galicia dentro da que un dos puntos seleccionados foi a Escola de Enxeñaría Forestal.