DUVI | O convenio asinado este luns entre a Universidade de Vigo e a empresa multinacional Telespazio permitirá crear o primeiro mestrado dual dunha universidade pública en España. Esta titulación centrarase nas tecnoloxías xeoespaciais e permitirá que boa parte da formación do seu alumnado sexa de carácter práctico e se desenvolva en empresas do sector, principalmente en Telespazio.