DUVI | Vigo foi unha das convidadas pola Unión Europea para participar en Praga no IVAP Workshop 2023, un encontro internacional organizado polo Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía, EIT, no marco da convocatoria europea HEI-Initiative dirixida ao desenvolvemento da capacidade de innovación na educación superior. A UVigo participou presentando os resultados que a institución está a acadar no desenvolvemento de HEI4Future, proxecto europeo coordinado desde a institución académica viguesa, financiado con 1,2 millóns de euros polo EIT, e dirixido a buscar os mellores xeitos de traspasar á sociedade a I+D+i que se fai nas universidades.