DUVI | A UVigo axudará a rexenerar as pradarías submarinas da ría de Aveiro e faro como socio do proxecto europeo LIFE SeaGrasRIAwild, unha iniciativa internacional que botou a andar hai unhas semanas e que propón un cambio de paradigma na restauración destes ecosistemas mariños, permitindo programas de restauración a grande escala que teñen efectos insignificantes nas praderías naturais xa existentes. O consorcio, liderado pola Universidade de Aveiro e con socios de Alemaña, Portugal, Dinamarca e de España, propón o desenvolvemento da maricultura para apoiar as necesidades das plantas e sementes para a súa reintrodución na vida silvestre, o que se coñece como rewilding.