DUVI | Un ano de récord. Así se referiron o reitor, Manuel Reigosa, e a vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio, ao primeiro semestre de 2022, seis meses nos que a Universidade de Vigo logrou alcanzar a cifra de 4,8 millóns de euros en captación de fondos europeos para a posta en marcha de 17 proxectos de investigación. Doce destes proxectos foron aprobados dentro do programa marco Horizonte Europa, principal sistema de financiamento da Unión Europea en materia de investigación e innovación para o período 2021-2027, e outros cinco levaranse a cabo con recursos procedentes doutras convocatorias internacionais. A previsión para finais de ano e alcanzar a cifra de 8 millóns de euros, arredor de dous millóns de euros por encima das cifras conseguidas en 2021 – cando se acadaran 16 proxectos financiados con 5,8 millóns de eurosw-, un exercicio que xa se consideraba excelente en termos de captación de fondos.