A UVigo celebra o 11 de febreiro rachando estereotipos e creando vocacións

11F na UVigo

DUVI | Múltiples actividades cun único obxectivo: dar visibilidade ao traballo  que día a día levan a cabo as tecnólogas e científicas e fomentar as vocacións entre as nenas e adolescentes. A Universidade de Vigo celebrou este venres o 11 de febreiro, Día Internacional da muller e a nena na ciencia, coa feira divulgativa eXXperimenta en Feminino, na cidade de Ourense, e co programa de obradoiros Elas fan Cientec no campus de Vigo. Son as dúas iniciativas máis visibles organizadas en torno a esta data e coas que a UVigo busca rachar estereotipos e crear vocacións, pero non son as únicas, estes días celebráronse diferentes iniciativas e ao longo de todo o mes preto de 40 investigadoras  están a impartir en centros educativos de toda Galicia charlas sobre o seu traballo e, en xeral, sobre o papel da muller na ciencia e na tecnoloxía.