A UVigo celebra o 8M coa entrega do Premio Uviguala 2024 a Elas Fan CienTec, iniciativa que “constrúe un mundo cheo de oportunidades”

DUVI | Por ser un exemplo da implicación activa das docentes e investigadoras da Universidade de Vigo a prol da igualdade de xénero, a institución académica viguesa concedeulle o Premio Uviguala 2024 a Elas Fan CienTec, iniciativa que naceu no 2017 no campus de Vigo da man das profesoras Ana Mejías, Verónica Salgueiriños e Soledad Torres e grazas a cal cada ano se organizan en torno á celebración do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, múltiples obradoiros que achegan a ciencia e a enxeñaría ás rapazas dos institutos e centros escolares de toda a provincia, fomentando así as vocacións científicas e tecnolóxicas nas mozas galegas.