A UVigo coordina un proxecto internacional para editar e analizar a poesía creada e difundida na época dos primeiros Trastámara de Castela

Trastámara

DUVI | Entre finais do século XIV e comezos do XV a poesía da escola galego-portuguesa comeza o seu declive e, en paralelo, comeza a emerxer a gran poesía cortesá en castelán. Deste período apenas hai testemuños poéticos e do interese por estudalo en profundidade nace o proxecto A poesía de cancioneiro en tempos dos primeiros Trastámara casteláns: textos, contextos, ecos e relecturas. Trátase dunha iniciativa na que participan oito universidades europeas lideradas pola UVigo, co profesor Antonio Chas como investigador principal.