DUVI | Este martes fíxose público o Global Ranking of Academic Subjects (GRAS) 2022, clasificación das mellores universidades do mundo en 54 materias de investigación elaborado por Shanghai Ranking Consultancy, responsable do ránking ARWU (máis coñecido como ránking de Shanghai). Nel, a Universidade de Vigo está un ano máis entre as 500 mellores universidades en 12 categorías. Destaca a posición que ocupa en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, donde se consolida entre as 75 mellores universidades do mundo e ocupa o posto 51 empatada a puntos con outras 24 entidades. Como novidade, a UVigo inclúese por primeira vez como unha das 400 universidades referentes en Ciencias Políticas.