DUVI | Visibilizar o traballo das investigadoras e proporcionar referentes actuais en ciencia, sobre todo entre as nenas e mozas, son os principais obxectivos que persegue a Universidade de Vigo coa publicación do catálogo Quero ser Investigadora 3. Esta publicación, financiada pola FECYT, forma parte das actividades do plan de Ciencia de Ida e Volta, o programa anual de actividades 2022/2023 da Unidade de Cultura Científica da UVigo.