DUVI | Amosar á mocidade, sobre todo, ás nenas e ás mozas, que moi preto da súa casa existen mulleres investigadoras que están a realizar un traballo de gran importancia para o conxunto da sociedade. A Universidade de Vigo presentou este xoves a segunda edición do catálogo Quero ser investigadora, un volume no que dez investigadoras da institución académica viguesa contan en primeira persoa como foi o camiño que as levou, cada unha desde eidos moi distintos, a elixir a ciencia como profesión.