A UVigo lidera un proxecto pioneiro que permitirá avanzar no diagnóstico temperán da hipertensión arterial pulmonar

A vicerreitora de investigación, Belén Rubio; a investigadora Diana Valverde e o director do CINBIO

DUVI | A  Hipertensión Arterial Pulmonar ( HAP) é unha enfermidade rara, grave, progresiva, crónica e de manexo complicado que afecta a individuos de calquera idade, aínda que é moito máis común en adultos, sobre todo nas mulleres, a quen afecta especialmente. Asociada cun importante incremento do risco de  morbi-mortalidade, o diagnóstico avanzado desta doenza resulta clave para mellorar a calidade de vida dos pacientes, para quen actividades como vestirse ou camiñar poden chegar a supor todo un reto. Conscientes desta realidade desde o Laboratorio de Enfermidade Raras do Centro de Investigación Biomédica da Universidade de Vigo, CINBIO, liderado pola profesora Diana Valverde, están a desenvolver un proxecto de investigación pioneiro que permitirá, a través da análise xenética, dar novos pasos cara a unha detección da enfermidade nas súas fases máis iniciais.