DUVI | A Universidade de Vigo sitúase no top 4% de entre máis de 20.000 universidades de todo o mundo incluídas na edición de 2023 da lista Global 2000 que elabora o Center for World University Rankings (CWUR). Segundo esta clasificación que se fixo pública este luns, a institución viguesa ocupa o posto 807 de entre 20.531 universidades analizadas, o que a sitúa, como indican dende o CWUR no “top 4% no mundo” entre as 2000 mellores cunha puntuación de 71.7.