A UVigo participa no proxecto Facendo 4.0 liderado por Stellantis para deseñar o sector da automoción do futuro

A vicerreitora de Investigación, Belén Rubio

DUVI |  Un proxecto pioneiro en cooperación, no que van da man unha das empresas máis importante de Galicia, Stellantis Vigo, e catro centros de investigación de referencia: a Universidade de Vigo, o CTAG, Gradiant e Aimen. Estes cinco socios conforman o proxecto Facendo 4.0 (Competitividade Industrial e Electromobilidade a través da Innovación e a Transformación Dixital) que ten como obxectivo contribuír a incrementar a competitividade e reforzar o tecido empresarial do sector da automoción de Galicia.