A UVigo pon en valor “a beleza do natural” a través dunha exposición e un concurso fotográfico

DUVI | Preto de 80 fotografías de animais, plantas e fungos de distintas rexións do mundo conforman a exposición A beleza do natural, unha mostra promovida pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da UVigo en colaboración co catedrático Adolfo Cordero, que poderá verse entre o 21 de maio e o 11 de xuño no vestíbulo do Pazo Provincial. A exposición promovida coa colaboración da Deputación de Pontevedra insírese nas actividades impulsadas pola UCC+i con motivo da conmemoración do Día Mundial da Diversidade Biolóxica, xunto cun concurso de fotografía científica e un taller de ilustración.